Información xeral
- A Corredoira é unha Asociación de sendeirismo ecolóxico e cultural.
- Cada persona paga unha inscrición de 12 € no momento de facerse socia, e 22 € en concepto de cuota anual, a pagar a través de banco.
- A cuota anual inclúe un seguro de accidentes e outro de responsabilidade civil.
- Cada trimestre enviamos información, por correo electrónico e whasapp, das actividades programadas. En Nadal, xullo e agosto non temos actividades.
- O noso teléfono é o 676 15 16 48, o correo electrónico é info@acorredoira.org e a nosa páxina web: www.acorredoira.org
Normas básicas
- Como asociación ecolóxica, esiximos dos socios o respeto polo medio ambiente. Isto inclúe, entre outras cousas, non deixar tirados papeis, latas ou botellas.
- En canto ó sendeirismo cultural, faremos visitas a lugares culturalmente interesantes que se atopen no recorrido das andainas.
- Respeta as propiedades privadas que atopes nos recorridos das andainas.
- Segue as indicacións dos guías e dos miembros da Directiva.
Andainas de domingo
- O prezo por andaina é de 8 €, a pagar o día da andaina. Os menores de idade fillos de socios non pagan nada.
- O momento pra apuntarse ás andainas é o venres véspera de andaina, mediante envío de whasapp ó móbil 676 15 16 48 (antes das dez da noite).
- Se o venres te olvidaches de apuntarte ou aínda non sabes se podes vir, contacta connosco o sábado no móbil de arriba ou no 663 616 333. Se aínda quedan prazas libres no bus, poderías vir.
- Se te anotas a unha andaina e despois non podes vir, avísanos o sábado. Se non avisas o sábado, terás que pagar a andaina aínda que non veñas.
- Pedimos seriedade á hora de apuntarte. Mira a previsión do tempo, ou posibles compromisos ou doenzas que teñas antes de decidir apuntarte.
- A hora de saída é ás nove da mañá, salvo que se indique outra hora no boletín correspondente. Como norma xeral, estaremos de volta en Ourense antes das nove e media da noite, (no inverno antes das oito e media).
- O lugar de saída é o Parque de S. Lázaro, en autobús.
Saídas de fin de semana
- O prazo pra anotarse virá no boletín correspondente. Hai que pagar no momento de apuntarse.
- O prezo inclúe sempre o bus e a media pensión, xeralmente en hostais con habitacións dobles con baño.
- Se te das de baixa na mesma semana da saída, non che devolveremos a parte correspondente ó pago do bus, excepto se outra persona ocupa a túa plaza. Tamén te terás que facer cargo dos posibles gastos que nos cobre o hotel pola cancelación.
Festas
- Ó longo do ano organizamos dúas festas: o magosto (en novembro) e a festa da Corredoira (en xuño).
- Pra apuntarse a elas poñemos unha fecha tope no boletín correspondente. Hai que pagar no momento de apuntarse.
Tendas colaboradoras
- Deportes Redonet: rúa Ervedelo, 21.
- Turini Sport: Avenida da Habana, 34.
- Entrepicos: Praza Maior (esquina catedral)
Fannos descontos nos seus artigos. Tendes que dicir que sodes da Corredoira..