A Asociación de Sendeirismo Ecolóxica e Cultural «A Corredoira» foi creada en Xuño do ano 1992 co fin de fomentar a práctica do vieirismo en Galicia, así como actividades na natureza dun xeito respectuoso co medio ambiente. A preservación deste será a máxima que guiará a Asociación nas súas actuacións. A Corredoira enviou cartas a distintos medios como protesta as agresión que sofre o medio ambiente.
«A Corredoira» é unha asociación cultural legalizada e sen ánimo de lucro. Os socios aportan unha cuota anual de 22€, mais 12 en concepto de inscrición, que lles da dereito a recibir información trimestral sobre as actividades programadas, así como a participar nelas.
Xunta directiva
Presidente: Xoán Carlos Lorenzo Álvarez
Vicepresidenta: Marisa González Vidal
Secretaria: Inma Soto
Tesoureiro: Manolo Fernández Vieira
Vogais: Celsa Seoane, Josefa López Nogueira, Manolo González