Protestas de A Corredoira

A Corredoira enviou cartas a distintos medios como protesta as agresión que sofre o medio ambiente.

Proteccion para Pena Trevinca

Carta enviada a La voz de Galicia pola Asociacion de sendeirismo a Corredoira

O macizo de Pena Trevinca alberga as montañas máis altas de Galicia. Na súa vertente galega hai dúas lagoas de gran beleza, a de Ocelo e a da Serpe, e nos seus estribos medra un dos bosque de teixos mais importantes de Europa: o Teixedal de Casaio.

A parte Zamorana do macizo forma parte do parque natural do Lago de Sanabria e, polo tanto, goza de protección medioambiental. Sobre a parte ourensá pende a ameaza dun parque eólico e dunha canteiro, outra mais.

Polos seus valores paisaxísticos e montañeiros, pola importancia,da súa flora e do seu medio natural, pedímoslle a Xunta de Galicia que sen demora, cree na zona un parque natural protexido, que evite a instalación de muíños eólicos e a apertura de mais canteiras.

Queremos tamén solidarizarnos co ex alcalde do Concello de A Veiga, Fernando Fernández Yáñez, que perdeu o seu cargo e recibiu ameazas de morte por intentar protexer Pena Trevinca.

A Asociación de Sendeirismo a Corredoira. Ourense

Courel

A agrupación de sendeirismo “A Corredoira”, de Ourense, dirixese a vostedes para formular unha queixa ou denuncia de agresión ó medio ambiente. Non só no espacio protexido da Serra do Courel, que é o obxecto desta denuncia, senón en outros moitos lugares que frecuentamos do entorno galego.
Concretamente o pasado domingo, día 8, do presente mes atopámonos por rutas de sendeirismo cun bo grupo de motos todoterreno que nos dificultaban o movemento pola zona da Seara e O Mazo, en pleno corazón do Courel.
Por outra banda, o próximo día 7 de marzo está programada a organización dunha concentración motorista pola agrupación de motoristas de Lugo, que atravesará este espacio protexido do Courel.
Por todo isto, enviamos o presente escrito de queixa a esta Dirección Xeral, para que se ten competencias pra suprimir esta agresión ó medio ambiente o faga. Suplicamos ó mesmo tempo que envíen máis vixilancia ó bosque galego pra evitar ditas agresións, que dende a nosa agrupación consideramos pouco propias dun país civilizado e moito menos europeo.

Fervenza do Toxa

O pasado 7 de marzo, un grupo de 27 persoas foos visitar a fervenza do rio Toxa, din que a máis alta de Galicia en caída directa (trinta ou corenta metros). Está situada nunha paraxe moi fermosa, na parroquia de Pazos, Concello de Silleda. Cando chegamos a carón dela notamos todos un desagradable olor que viña da auga. Nun pobo cercano informáronnos de que ó río Toxa, un pouco máis arriba da fervenza, ían para os desperdicios dun matadoiro, daí o mal olor.
A fervenza xa fora ferida de morte por unha minicentral construída un quilómetro máis arriba que reduce moitas veces o seu caudal considerablemente. O do matadoiro xa é o como. ¿Serve para algo a Consellería de Medio Ambiente?
Xoán C. Lourenzo. Ourense

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *