Na fin de semana do 20 ao 22 de marzo, como xa figuraba no programa deste segundo trimestre da temporada 2025-2026, iremos ata a bonita vila de Luarca, en Asturias, en onde realizaremos dúas rutas. Estas rutas serán duns 20 quilómetros cada unha e será un percorrido pola costa.
O prazo para a inscrición nesta actividade comenzara o sábado, 28 de febreiro ás 9:00 e rematará o vindeiro sábado, 14 de marzo. Hai 35 prazas dispoñibles.
Se xa eres socio da nosa Asociación, simplemente manda un whastapp ao número 676 15 16 48 especificando o tipo de habitación que prefires (individual, dobre cunha cama grande ou dobre con dúas camas).
Se non eres socio, chama ao número indicado anteriormente para realizar a inscrición, sempre que haxa prazas dispoñibles.
