RUTA CIRCULAR CAMBEO-CAMBEO

O pasado 25 de xaneiro realizamos a segunda ruta deste ano 2026. Partimos da aldea de Cambeo (Coles. Ourense) e rematamos outra vez en Cambeo. En total camiñamos uns 20 kms por zonas de carballeiras  e camiños engalanados co musgo verde, propio desta estación e das abundantes choivas que levamos ata agora.

Tamén pasamos por pequenas aldeas, fontes, antigos lavadoiros, algún cruceiro, o antigo pazo de Coto Martín e subimos ata a pequena ermita de San Marcos da Cova, desde onde se teñen unhas fantásticas vista da cidade de Ourense e dos seus arredores.