2º BOLETÍN DA TEMPORADA 2025-2026

11 de xaneiro: etapa IV do Camiño do Monxe: Pombar – San Estevo de Ribas de Sil – San Pedro de Rocas – Esgos. 20 kms.

Dificultade media – baixa. Diríxea o Xabier.

25 de xaneiro: andaina circular Cambeo-Cambeo. Transcorre polos concellos de Coles, Amoeiro,  Vilamarín   e  Ourense.  20   kms.  Dificultade   media-baixa. Guía: Fina Sotelo. Como é moi cerca de Ourense, a saída será ás 9:30

Do 14 de xaneiro ó 6 de febreiro: exposición de fotografías «Polos sendeiros da lembranza»  (A  Corredoira  1992-2025)  na  biblioteca  pública  “Nós”. Charla informativa o venres, 23 de xaneiro, ás 19:00

8     de     febreiro:     andaina     por     Puxedo     (concello     de     Lobios).     15     kms. Dificultade media. Dirixida pola Sesé e a Marta.

20 de febreiro: asemblea anual ás 20:30 na Casa da Xuventude. Orde do día: 1º – Lectura da acta da asemblea anterior.

2º – Presentación das contas anuais

3º – Información das próximas actividades. 4º – Avisos, rogos e preguntas.

22 de febreiro: ruta da Broa (concello da Merca). 17 kms. Dificultade media-baixa. As guías serán a Isabel Caride e a Marisol.

8 de marzo: andaina aínda sen fixar. Enviaremos os datos desta andaina coa suficiente antelación.

20-22 de marzo: FIN DE SEMANA EN LUARCA.

Dúas rutas costeiras de dificultade media, dirixidas polo Juan e a Sabela. Prazo pra apuntarse: do sábado 28 de febreiro ó sábado 14 de marzo.

Prezo: 190 € (habitación doble ou de matrimonio); 240 € (habitación individual).

O prezo inclúe o bus, almorzos do sábado e o domingo e ceas do venres e do sábado. Saída: venres ás 5 da tarde.

AVISOS: en febreiro pasaremos os recibos do 2026. As persoas que cambiaron de conta que nolo comuniquen agora en xaneiro, así evitan ter que pagar o cargo que fai o banco por cada recibo devolto: 5´30 €!!

Polo mesmo motivo, se alguén se quere dar de baixa, que nolo comunique tamén en xaneiro.