
21 de setembro: Andaina polo concello de Allariz.
16 km. Dificultade baixa. Guía: Manolo Vieira. Posibilidade de bañarse no río Arnoia, en Allariz.
5 de outubro: Ruta das Sete Lagoas, en Xertelo (Portugal). 13 km. Dificultade media. Guías: Sesé e Juan.
10-12 de outubro: FIN DE SEMANA EN SOMIEDO (ASTURIAS)
Tres andainas dirixidas pola Filo e a Amparo.
- Venres: Llamardal-Pola de Somiedo. 11 km. Dificultade baixa.
- Sábado: La Peral-Villar de Villas. 15 km. Dificultade media.
- Domingo: Alto da Farrapona-Lago del Valle-Valle de Lago. 13.5 km. Dificultade media-alta
- Máximo 35 persoas.
- Saída: o venres, ás 9.00 h.
- Prezo: Inclúe o bus e a media pensión en habitacións con baño: cinco individuais (250 €), 12 dobles (220 €/persona) e dúas triples (200 €/persona). Podedes pagar en man ou por medio dunha transferencia á conta ES41 2080 0464 3130 4000 4957
- Prazo pra apuntarse: do sábado 20 de setembro ó sábado 4 de outubro.
26 de outubro: Goián – A Guarda. 21 km. Dificultade baixa. Guía: Xabier.
9 de novembro: MAGOSTO NA PEROXA
- Pola mañá, andaina duns 10 km. polo concello da Peroxa, de dificultade media-baixa, guiada pola Celsa e o Luis.
- Xantar no restaurante “O Agro” (A Peroxa).
- Menú: Pulpo, carne ó caldeiro con cachelos, carne richada, caldo da carne, bica de noces, café de pota.
- Prezo: 25 € (socios) e 40 € (non socios). Inclúe o bus e o xantar. Hai que pagar no momento de apuntarse. Podedes pagar en man ou por transferencia.
- O mércores día 5 será o último día pra apuntarse.
23 de novembro: andaina polo concello de Baños de Molgas.
18 km. Dificultade media-baixa. As guías serán a Marisol e a Isabel Caride.
14 de decembro: Serra Martiñá – Oseira – Castro de Dozón. 18 km. Dificultade media-baixa. Guiada polo Xoán
RECORDADE: o día para apuntarse ás andainas dos domingos é o venres. A hora de saída é ás nove se non se indica expresamente outra hora